Aviso: Tres proxectos españois entre os gañadores do Premio Unión Europea de Patrimonio Cultural
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_3309.png)
Tres proxectos españois entre os gañadores do Premio Unión Europea de Patrimonio Cultural
Premios Europa Nostra 2015
Europa Nostra e a Comisión Europea anunciaron as candidaturas galardoadas co Premio Unión Europea de Patrimonio Cultural / Premios Europa Nostra. Nesta ocasión foron outorgados 28 premios, seleccionados entre 263 proxectos presentados por organizacións e particulares de 29 países, nas catro categorías convocadas: 1) conservación; 2) investigación e dixitalización; 3) dedicación especial ao patrimonio; e 4) educación, formación e sensibilización.
Os premiados españois son: as Salinas de Añana (País Vasco), a Catedral de Tarazona (Aragón) e as concas mineiras en Asturias.
A cerimonia de entrega dos premios terá lugar o 11 de xuño no Concello de Oslo. Neste acto, sete dos galardoados serán proclamados gañadores do Gran Premio, dotado con 10.000 euros para cada un deles e, ademais, un deles recibirá o Premio do Público, elixido por votación a través da páxina web de Europa Nostra.