Aviso: Amplíase o crédito inicial das axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego

Amplíase o crédito inicial das axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego

Vicepresiencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publica no DOG a Resolución do 10 de abril de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

Amplíase o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 31 de decembro de 2014 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego en cento sesenta mil euros (160.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.0, de forma que o importe total será de douscentos un mil trescentos corenta e un euros (201.341,00 €).

A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Comparte