Aviso: Aprobación definitiva do plan especial de protección e acondicionamento do parque arqueolóxico da Rocha
Aprobación definitiva do plan especial de protección e acondicionamento do parque arqueolóxico da Rocha
Resolución do pleno do Concello de Santiago
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do día 30 de xaneiro de 2015, adoptou entre outros, o seguinte acordo: aprobar definitivamente o Plan especial de protección e acondicionamento do parque arqueolóxico da Rocha (PE-7R), segundo o documento reformado presentado polo Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela o pasado día 20 de xaneiro de 2015.
O anuncio de aprobación definitiva, xunto coa normativa, publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 69, do 15 de abril de 2015.
Contra o acordo de aprobación definitiva, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses.