Aviso: Corrección de erros nas subvencións a producións e coproducións de contido cultural galego 2015
Corrección de erros nas subvencións a producións e coproducións de contido cultural galego 2015
Publicado no DOG do 28 de maio de 2015
A Axencia Galega de Industrias Culturais publica no DOG de 28 de maio de 2015 a seguinte corrección de erros:
Resolución do 12 de maio de 2015 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións a producións e coproducións de contido cultural galego e se convocan para o ano 2015. Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 93, do, 20 de maio de 2015, cómpre corrixir o seguinte:
1. Base cuarta, parágrafo segundo, na páxina 19739: Onde di: «2. Estas subvencións terán carácter trianual ou bianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano 2015 correspondente á convocatoria e a data máxima de xustificación establecida na presente convocatoria para cada modalidade». Debe dicir: «2. Estas subvencións terán carácter trianual ou bianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude e a data máxima de xustificación establecida na presente convocatoria para cada modalidade»