Aviso: Cursos de verán no Centro Coreográfico Galego de danza contemporánea, clásica e neoclásica

Cursos de verán no Centro Coreográfico Galego de danza contemporánea, clásica e neoclásica

Son un total de seis cursos intensivos

O Centro Coreográfico Galego (CCG) abre o prazo de inscrición para os seis obradoiros intensivos de danza contemporánea, clásica e neoclásica que organiza na súa sede da Coruña para o próximo mes de xullo. Profesionais da traxectoria de Íker Gómez, Ángel Rodríguez, Jordi Vilaseca, Antonella Sampieri, Gonzalo Zaragoza e Virginia Valero son os docentes desta nova convocatoria de cursos de verán.

O prazo de matrícula para cada un destes obradoiros permanecerá aberto ata o venres anterior ao seu comezo. O CCG ofrece diferentes modalidades de matrícula, que permiten combinar a participación en varios cursos, así como a asistencia a clases soltas ou como alumnado oínte. No web www.centrocoreografico.org está dispoñible toda a información sobre proceso de inscrición e os diferentes prezos de matrícula.

Estado de trámite: En trámite

Comparte