Aviso: Aberto o prazo de alegacións ao Anteproxecto do Decreto do Consello de Avaliación Documental

Aberto o prazo de alegacións ao Anteproxecto do Decreto do Consello de Avaliación Documental

O texto regulará a composición e funcionamento deste órgano

Publicado o Anteproxecto do Decreto polo que se regula a composición e funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos

O texto estrutúrase en 18 artigos, agrupados nun título preliminar e dous numerados, tres disposicións adicionais, unha derrogatoria e dúas derradeiras. 

Ábrese o prazo para formular alegacións que é de 7 días hábiles, ata o 6 de xuño.

As alegacións deberán dirixirse a: xuridico.cultura@xunta.es

Estado de trámite: En trámite

Ligazóns

Comparte