Aviso: Taller sobre proxectos europeos: Europa Creativa e Europa cos Cidadáns

Taller sobre proxectos europeos: Europa Creativa e Europa cos Cidadáns

Auditorio do Museo de Belas Artes da Coruña

O vindeiro 19 de xuño de 2015, a oficina de Europa Creativa - Cultura e o Punto Europeo de Cidadanía, en colaboración coa oficina de Europe Direct da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, organiza no Museo de Belas Artes da Coruña o taller Proxectos Europeos dos Programas Europa Creativa - Cultura e Europa cos Cidadáns 2014 - 2020.

O obxectivo da iniciativa é ofrecer información práctica e resolver dúbidas específicas sobre o proceso de presentación de proxectos ás convocatorias dos programas Europa Creativa e Europa cos Cidadáns, que se abrirán no segundo semestre de 2015.

Este taller está destinado a todos os perfís do sector cultural, empresas, organismos e entidades tanto públicas como privadas -administracións, fundacións, asociacións, empresas, ONG, consultoras e produtoras- que estean interesados en presentar un proxecto europeo no marco destes dous programas de financiamento.

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse antes do vindeiro 17 de xuño de 2015. O número máximo de prazas é de 150, por rigorosa orde de inscrición.

Entregarase certificado de asistencia.

Estado de trámite: En trámite

Documentos relacionados

Comparte