Aviso: Cursos de informática na Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal

Cursos de informática na Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal

Formación impartida por Jose Pereira Cabezuelo, voluntario do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia

*Ofimática básica: 2,3,4,5,9,10,11,12 e 16 de xuño de 16:00 a 18:00 h na Sala de traballo B. Contido : Partes dun ordenador, presentación e explicación da aplicación ofimática de textos e folla de cálculo, tratamento de textos, gardar documentos e recuperalos...
*Ofimática avanzada: 17,18,19,23,25 e 26 de xuño de 11.00 a 13.30 h na Sala de traballo B. Contido : Tratamento de textos, paxinación, creación de seccións, manipulación de imaxes (png,,jpg), combinación de correspondencia, inserción de táboas...
*Internet básico: 1,2,3,4,8,9,10,11 e 15 de setembro, de 18.00 a 20.00 h na Sala de traballo B. Contido: Partes dun ordenador, presentación e explicación da rede Internet, navegación en internet, visitas a páxinas de interese, presentación e explicación dos motores de procura...
*Internet avanzado: 16,17,18,22,23,24 de setembro , de 11.00 a 13.30 h na Sala de traballo B. Contido: Presentación de distintos buscadores, avaliación de webs: actualización, autoridade; Web temáticas: vídeo, fotografías; administración electrónica...

Estado de trámite: En trámite

Comparte