Aviso: Declarada Ben de Interese Cultural a colección de ourivaría Álvaro Gil Varela

Declarada Ben de Interese Cultural a colección de ourivaría Álvaro Gil Varela

Decreto 77/2015, do 21 de maio de 2015

O Diario Oficial de Galicia publica o Decreto 77/2015 do 21 de maio de 2015 polo que se declara Ben de Interese Cultural (BIC) a ourivaría Álvaro Gil Varela.

A colección que pertence ao Museo Provincial de Lugo conta con 44 pezas que son un expoñente da xoiaría pre e protohistórica do noroeste peninsular e supoñen unha importante fonte de coñecemento para o estudo destes períodos cronolóxicos.

Tal como establece a Lei de patrimonio cultural de Galicia (Lei 8/1995, do 30 de outubro), a declaración BIC garante a máxima protección e tutela para esta colección, e a súa utilización queda subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa conservación.

A declaración de Ben de Interese Cultural contou cos informes favorables da Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario, do Consello da Cultura Galega e da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. 

Comparte