Aviso: Exposición pública do anteproxecto de Lei do patrimonio cultural de Galicia

Exposición pública do anteproxecto de Lei do patrimonio cultural de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia do 8 de xuño a anuncio do 3 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da exposición pública do anteproxecto de Lei do patrimonio cultural de Galicia, que está en fase de tramitación.

As organizacións, as asociacións e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este anteproxecto de lei desde o día da súa publicación na páxina web da consellería ata o 8 de xullo de 2015.

Estas proposicións, suxestións ou recomendacións deberán realizarse por medio do documento denominado «modelo_ alegacións_ anteproxecto de lei» que figura na páxina web, xunto co texto do anteproxecto, que deberá remitirse ao enderezo electrónico: patrimonio.cultura@xunta.es. Así mesmo, poderán presentarse nas formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comparte