Aviso: Visitas guiadas escolares na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago

Visitas guiadas escolares na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago

As visitas escolares teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades que ofrece a biblioteca para os nenos: formativas, informativas e de entretemento.

Nelas amósanse as instalacións, os fondos e a organización para que os rapaces aprendan a desenvolverse de xeito autónomo na biblioteca. Requírese a inscrición previa, chamando ao teléfono 881 999 401 e os seguintes datos :
- Nome do centro escolar, persoa de contacto e teléfono
- Idade dos nenos
- Número de rapaces que asistirán
- Indicación de se é a primeira visita escolar ou se xa fixeron outra previamente

Horario de visita : todos os mércores, de 10:30 a 11:30 h.
O número máximo de rapaces por grupo é de 30.

Estado de trámite: En trámite

Comparte