Aviso: Galicia Escena PRO 2015: solicitude de inscrición de espectáculos
Galicia Escena PRO 2015: solicitude de inscrición de espectáculos
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza unha nova edición do mercado Galicia Escena PRO, que terá lugar do 3 ao 5 de novembro en catro espazos de Santiago de Compostela: Auditorio Abanca, Salón Teatro, SGAE/Fundación Autor (Sala A e Sala B) e Teatro Principal.
A súa prioridade e servir de lugar de encontro de todos os axentes culturais, estimulando a dinámica comercial do sector e a posta en valor da creación escénica galega.
Destinatarios
Poderá solicitar a participación en Galicia Escena PRO calquera compañía galega e profesional con espectáculos de teatro, danza, maxia e/ou novo circo estreados entre outubro de 2014 e novembro de 2015. Para os non estreados, a comisión de selección terá en conta toda a información que a compañía queira achegar.
Formato
Os espectáculos poderán ser presentados nas seguintes modalidades:
- Exhibición de espectáculos completos
- Exhibición de espectáculos en formato showcase cunha duración máxima de 20 minutos
Selección
Unha comisión integrada por persoas de recoñecida experiencia no sector das artes escénicas será a encargada de realizar a selección das propostas para as súas modalidades de exhibición, intentando conformar unha programación variada e atractiva na que prime a calidade e axustada ás condicións espaciais e técnicas das que se dispón.
A configuración nominal desta comisión darase a coñecer una vez realizada a selección.
Prazo e forma de inscrición
As compañías interesadas en participar deberán cubrir unha ficha de inscrición e facerlla chegar á organización premendo no botón “enviar”.
O prazo de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 15 de setembro.