Aviso: Inscrición de espectáculos nas redes da Agadic: primeiro semestre de 2016
Inscrición de espectáculos nas redes da Agadic: primeiro semestre de 2016
Aberto o prazo do 15 de setembro ao 5 de outubro de 2015
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre do 15 de setembro ao 5 de outubro de 2015 o prazo de inscrición de espectáculos e/ou concertos nos seus tres circuítos de distribución de espectáculos escénicos e musicais :
-Rede Galega de Teatros e Auditorios
-Rede Galega de Salas
-Rede Galega de Música ao Vivo
O trámite realízase a través do web galescena.info, seguindo os seguintes pasos:
-Instrucións para os grupos e compañías que NON estean dados de alta en galescena.info:
1º Solicitar a alta como compañía teatral ou grupo musical.
2º Encher todos os datos relativos á compañía ou grupo e premer no botón enviar.
3º Agardar pola notificación que chegará ao correo electrónico de contacto, a través da que se confirmará a validación da compañía/grupo.
4º Entrar de novo en galescena.info e crear as fichas dos espectáculos/concertos a ofertar.
5º Unha vez creadas as fichas, volver a INICIO e asocialas ás redes nas que a compañía ou grupo estea interesado en participa (a normativa de funcionamento de cada unha das redes está dispoñible para a súa consulta no apartado de DOCUMENTACIÓN de galescena.info).
-Instrucións para grupos e compañías dados de alta en galescena.info:
1º Entrar no web co usuario e contrasinal habituais.
2º Na zona privada da intranet, acceder á pestana de espectáculos/concertos para ver as fichas creadas con anterioridade.
3º Revisar a información de cada un dos espectáculos/concertos, modificando o que se estime oportuno, ou crear novas fichas de espectáculos/concertos.
4º Unha vez modificado ou creado o espectáculo/concerto, voltar á pestana INICIO e asociar as fichas ás redes nas que se queira participar (paso imprescindible para figurar entre os espectáculos/concertos ofertados).
5º Rematado todo o proceso, os espectáculos/concertos pasan a ser ofertados ás distintas Redes.
A medida que se van cumprimentando os datos, o propio sistema indica cal é o seguinte paso.
No caso de ser contratados/as en calquera das tres redes, tanto as compañías como os grupos, xunto coa factura haberá que presentar os boletíns de cotización da Seguridade Social, que indiquen que o día da actuación están dados de alta todos os membros da compañía e grupo.
*IMPORTANTE: Engadiuse un novo campo na ficha da compañía/grupo para autoriarlle á Agadic a solicitar os certificados de débedas coa Seguridade Social, Facenda e tesourería. Esta información só será empregada no caso de contratación.
En caso de dúbida, os contactos do departamento de Programación da Agadic son:
programacionagadic.1@xunta.es
programacionagadic.2@xunta.es
Tel: 881 996 087 / 088
Horario de atención ao público: de luns a venres, agás festivos, de 9.00 a 14.00 horas.