Aviso: Actualización de obras e proxectos para o catálogo Films from Galicia 2015-16
Actualización de obras e proxectos para o catálogo Films from Galicia 2015-16
A Axencia Galega das Industrias Culturais está a actualizar o catálogo de producións e empresas galegas cara aos mercados internacionais de 2015 e 2016, para o que se precisa a colaboración do sector.
É fundamental poder contar co seguinte material antes do vindeiro día 5 de outubro de 2015:
1.- INFORMACIÓN DE EMPRESAS E PRODUTOS, para o que se facilita os seguintes formularios online:
-NOVIDADES
-ACTUALIZACIÓNS respecto ao catálogo 2014-15:
(descarga aquí o catálogo 2014-15)
É moi importante que a información sexa moi clara e que se use linguaxe comercial. Nesta ocasión, a Agadic pon a disposición do sector un servizo de tradución ao inglés, polo que a información pode ser enviada no idioma orixinal.
2.- IMAXE REPRESENTATIVA do produto, preferiblemente un cartel (en inglés) ou fotograma atractivo en calidade apta para impresión (tamaño mínimo 10 x 15 cm, 300 ppp). A elección da imaxe é crucial non só para o produto, senón para a presentación da industria galega en xeral.
A imaxe debe achegarse por correo electrónico ao seguinte enderezo: audiovisual.agadic@xunta.es.
En principio, o catálogo 2015-16 só conterá producións a partir de 2014. No caso dos proxectos é importante incluír só aqueles que teñan asegurada a viabilidade, é dicir, aqueles que se poidan amosar en edicións posteriores do catálogo. É preciso completar un formulario por cada produción.