Aviso: Formación de usuarios e animación á lectura na Biblioteca Pública de Pontevedra

Formación de usuarios e animación á lectura na Biblioteca Pública de Pontevedra

Aberto a todos os centros escolares de Pontevedra e a súa provincia

A Biblioteca Pública de Pontevedra  iniciará a partir do  4 de novembro e ata o 25 de maio, o seu programa de Formación de usuarios  e Animación á lectura, aberto a todos os centros escolares de Pontevedra e a súa provincia.

As  visitas diríxense a nenos e nenas que cursan infantil e primaria. A súa duración  será aproximadamente de 60 minutos, nos que se van a desenvolver  actividades de animación  adaptadas ás diferentes idades, coa finalidade de fomentar a lectura e dar a coñecer os servizos e fondos bibliográficos da Biblioteca. Realizaranse todos os mércores dúas sesións en horario de mañá de 10:00 a 11:00  e de 11:15 a 12:15 h,  en grupos  de 25  a 30 alumnos.

É necesaria a concertación previa de visitas, na que se deberá indicar:  o curso ao que pertezen e a actividade que se escolle.

Abrése o prazo o día 1 de outubro na Biblioteca Pública en horario de 9 a 14 h. no tlf. 986850838 ou no  enderezo electrónico:biblio.publica.pontevedra@xunta.es (neste caso deberán indicar persoa de contacto e un teléfono).

Estado de trámite: En trámite

Comparte