Aviso: Aula de maiores na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
Aula de maiores na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
Actividade dirixida a persoas maiores de 55 anos que queren lembrar o que aprenderon hai tempo
Facer operacións matemáticas sinxelas, practicar a lectura e a escritura ou facer xogos didácticos de xeografía son algúns dos conceptos básicos que se ensinan nesta aula.
A actividade estará a cargo de Antonio Rodríguez Escalona, voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, conta cunha experiencia de sete anos como voluntario do Concello de Ames onde desenvolve a actividade “Escola de maiores” no Milladoiro.
Todos os martes de 10:00 a 12:00 h e venres de 10.30 a 11.30 h na Sala de Traballo do 3º andar. A inscrición comeza o 23 de setembro e prolóngase ata o remate da actividade. Máximo de 10 persoas.