Aviso: Convocatoria MEDIA de Apoio ao Desenvolvemento Single Project–Proxectos Individuais

Convocatoria MEDIA de Apoio ao Desenvolvemento Single Project–Proxectos Individuais

Dirixida a todos os profesionais do sector audiovisual europeo que cumpran cos requisitos esixidos

O subprograma MEDIA -inserido no programa Europa Creativa 2014-2020 da Comisión Europea- acaba de abrir a súa convocatoria de apoio ao desenvolvemento na súa liña Single Project–Proxectos Individuais, dirixida a todos os profesionais do sector audiovisual europeo que cumpran cos requisitos esixidos.
 
Conta cun orzamento de 5 millóns de euros e con dúas datas límite para a presentación das solicitudes: a primeira, ata o 19 de novembro de 2015, ás 12.00 h, e a segunda, ata o 21 de abril de 2016.
 
Destinatarios
O subprograma MEDIA apoia empresas europeas de produción audiovisual independente (as persoas físicas non son elixibles) con experiencia demostrable.
 
Criterios para a elección dos proxectos en desenvolvemento
1. Os proxectos deben ter un alto valor artístico e creativo. Valorarase tamén que fomenten a diversidade cultural.
2. Os proxectos deben contar con potencial de circulación fóra do seu país de orixe para chegar a audiencias europeas e internacionais.
3. Precísanse estratexias de marketing e distribución, xa previstas na fase de desenvolvemento, para espertar o interese das audiencias.
 
Asesoramento personalizado
Como integrante do padroado da Fundación Cultural Oficina MEDIA España, a Agadic pon a disposición das empresas galegas o servizo de asesoramento que presta a Oficina MEDIA España sobre esta e o resto de convocatorias deste subprograma europeo.  Pode solicitarse a través do correo audiovisual.agadic@xunta.es ou do teléfono 881 996 093.

-Consulta a convocatoria no web da Oficina Media Desk España

Estado de trámite: En trámite

Comparte