Aviso: Camiño do coñecemento

Camiño do coñecemento

Obradoiro de filosofía na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

A Biblioteca cede o espazo para esta actividade coordinada por Marisa Bruñuelas, membro da Asociación Eomaia. Ao longo do obradoiro ofrecerase a persoas con inquietudes a nivel filosófico e espiritual, un coñecemento máis profundo acerca do ser humano, abarcando diversos temas, como a felicidade, a fraxilidade, vulnerabilidade, o amor, a morte, etc, e afondando nas argumentacións de psicólogos, filósofos, poetas, e místicos. Será un obradoiro de debate en torno a un tema descrito nun libro por un autor e traballarase con escritores como Jung, Niestche, Heráclito, Chuang Tzu, R.W. Emerson, R. Steiner, Simone Weill, Ken Wilber, etc.

Do16 de outubro de 2015 ata o 29 de maio de 2016, celebraranse en venres alternos de 17.00 a 19.00 nas Sala de Traballo do 3º andar. Precisase inscrición previa,10 prazas. 

Estado de trámite: En trámite

Comparte