Aviso: Aberta a inscrición para Augal, a Master Class do Audiovisual Galego 2015-16

Aberta a inscrición para Augal, a Master Class do Audiovisual Galego 2015-16

Desenvolverase do 15 de decembro ao 5 de abril en Pontevedra

Augal, a Master Class do Audiovisual Galego, acaba de abrir o período de inscrición para participar na súa quinta edición, que se desenvolverá en Pontevedra do 15 de decembro ao 5 de abril.

Os profesores Anna Amorós e Miguel Anxo Fernández coordinan este encontro, organizado pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) en colaboración coa Axencia Galegas das Industrias Culturais (agadic)  como apoio á formación complementaria sobre a produción cinematográfica galega actual dentro do ámbito universitario.

Os alumnos e alumnas participantes recibirán un  diploma de asistencia outorgado pola Agadic.

Para formalilzar a inscrición cómpre enviar  folla de inscrición ao mail: audiovisual.agadic@xunta.es
 
-Programa de Augal 2015-16

Comparte