Aviso: María José Noya Ansede, elixida para o posto de coordinador/a do Departamento de Produción Teatral da Agadic
María José Noya Ansede, elixida para o posto de coordinador/a do Departamento de Produción Teatral da Agadic
Obtivo a maior puntuación na suma das tres fases do proceso
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o acordo de 16 de decembro de 2015 para a contratación da persoa seleccionada para a cobertura do posto de coordinador/a do Departamento de Produción Teatral da Agadic.
ACORDO DE CONTRATACIÓN
Unha vez rematado o proceso de provisión do posto de coordinador/a do Departamento de Produción Teatral da Agadic, de conformidade coa Resolución do 14 de xullo de 2015 pola que se convoca a provisión do posto de coordinador/a do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais (DOG núm. 134, do 17/07/2015) e vista a proposta de contratación elevada polo Director, o Consello Reitor da Agadic, en sesión celebrada o día 16 de decembro de 2015
ACORDA
A contratación de María José Noya Ansede (Fefa Noia), mediante contrato laboral de alta dirección ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección; no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.