Aviso: Concurso de cartas de amor en galego

Concurso de cartas de amor en galego

Convocado pola Biblioteca Pública Ánxel Casal

Poderán presentar os seus traballos a este concurso da Biblioteca Pública Ánxel Casal os maiores de 14 anos.

O prazo de presentación será do 1 ao 13 de febreiro de 2016. Pódense consultar as bases na páxina web da biblioteca a partir do día 1 de febreiro.

A decisión do xurado darase a coñecer o luns 22 de febreiro, ás 12:00 h no Salón de actos. Haberá 3 premiados con lotes de libros.
Exposición dos traballos premiados e finalistas deste concurso do 22 de febreiro ao 6 de marzo no 2º andar.

Estado de trámite: Resolto

Comparte