Aviso: Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no primeiro cuadrimestre de 2014

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no primeiro cuadrimestre de 2014

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior. En consecuencia, a resolución do 2 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitara, dálle publicidade ao subscritos por esta consellería nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2014.

Comparte