Aviso: A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés convoca o III Certame de Poesía

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés convoca o III Certame de Poesía

O prazo de presentación de traballos remata o 21 de marzo

Con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía (21 de marzo), a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés convoca o III Certame de Poesía, no cal poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos.

Condicións de presentación das obras
O certame consta de dúas seccións:
• Poesía en galego
• Poesía en castelán

Cada participante só poderá presentar unha única composición poética optando por unha das dúas seccións: en galego ou en castelán. Quedará descualificado quen presente composicións poéticas en ambas as dúas seccións.

A extensión máxima admitida da composición poética será dun (1) folio escrito a ordenador por unha cara con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1'5. Poderá empregarse calquera forma poética (haiku, soneto, verso libre…).

As participacións deberán entregarse no Mostrador préstamo e devolucións da entrada (planta baixa da Biblioteca).

Os poemas presentaranse sen asinar e cun pseudónimo e introduciranse nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir os seguintes datos:
• III Certame de Poesía na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
• sección elixida (galego/castelán)
• pseudónimo do autor/a
No interior do envoltorio incluirase esta información:
• folla da composición poética
• un sobre pechado cunha folla na que aparezan estes datos persoais do autor/a: pseudónimo, nome e apelidos, teléfono/s, correo electrónico, DNI

O prazo de presentación comeza o 10 de febreiro e rematará o 21 de marzo.

Haberá dous premios aos mellores poemas en lingua galega e outros dos para os escritos en castelán. Fallarase o premio e agasallarase aos premiados con lotes de libros e/ou outros documentos o venres, día 22 de abril (o día seguinte celébrase o Día do Libro) nun acto que se anunciará previamente, e que terá lugar no salón de actos, ás 13 h.

 

Comparte