Aviso: Convocatoria para a participación no MIPTV 2016 de Cannes
Convocatoria para a participación no MIPTV 2016 de Cannes
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG), participará no mercado de contidos audiovisuais MIPTV que terá lugar en Cannes (Francia) entre os días 4 e 7 de abril de 2016.
A Agadic terá presenza no pavillón Audiovisual from Spain promovido polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX), cun stand promocional e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios.
Así mesmo, promoverase a participación dunha representación de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e un máximo de 4 noites de aloxamento.
PROCEDEMENTO:
1. Comunicar a participación no correo electrónico: audiovisual.agadic@xunta.es
2. Tramitar a acreditación a través do enlace: https://register.miptv.com/LoginNew.aspx?pvlid=e8882b34-e263-4188-9ee3-6738e48bc669
No apartado 2 do formulario (CONTACT POINT) hai que indicar: AUDIOVISUAL FROM SPAIN (ICEX) / SPAIN
O prezo do rexistro é de 660€ ata o 2 de marzo e de 740€ a partir do 3 de marzo. O 50% deste gasto deducirase da cantidade a aboar por viaxe/aloxamento.