Aviso: Aberto o prazo de presentación de propostas artísticas para a programación de Womex 2016 en Santiago de Compostela
Aberto o prazo de presentación de propostas artísticas para a programación de Womex 2016 en Santiago de Compostela
Womex abre ata o 15 de abril o prazo de inscrición de propostas artísticas de todo o mundo cara a configurar a programación da edición que se desenvolverá do 19 ao 23 de outubro en Santiago de Compostela.
A convocatoria está aberta a toda a comunidade internacional da ‘world music’, desde o folk máis tradicionais ata as da escena máis alternativa neste ámbito. Como en anos anteriores, os artistas interesados poden inscribirse en catro categorías diferentes:
-Showcases
-DJ Summit
-Filmes
-Conferencias
As propostas deben achegarse a través do sistema de rexistro en liña de Womex, xestionado por Brumedje (aínda que o prazo remata o 15 de abril, os rexistros realizados antes do 18 de marzo obterán un desconto nas tarifas que aplica a organización):
http://womex-apply.com/
Máis información sobre este proceso en http://www.womex.com/take_part/proposals