Aviso: Xornada Bilateral Erasmus+ no ámbito da educación e a formación

Xornada Bilateral Erasmus+ no ámbito da educación e a formación

España-Portugal

O próximo 9 de marzo terá lugar na cidade de Tui (Pontevedra) a Xornada Bilateral Erasmus+ no ámbito da educación e a formación (España-Portugal), co obxecto de establecer proxectos de cooperación entre institucións españolas e portuguesas.
A xornada, organizada conxuntamente polas Axencias Nacionais do programa en ambos países e coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, centrarase en proxectos de mobilidade e en asociacións estratéxicas entre institucións do entorno educativo e do ámbito empresarial. Dentro do sector educativo participarán centros de varios niveis, como escolas de primaria, secundaria e formación profesional, así como centros de ensinanzas artísticas, persoas adultas e ensino de idiomas.
Xunto as sesións formativas,  darase espazo ao encontro entre os profesionais de todos os sectores para promover a cooperación transnacional a través das accións do Programa Erasmus+.
 

Estado de trámite: En trámite

Comparte