Aviso: Convocatoria para unha delegación empresarial galega no Marché du Film 2016

Convocatoria para unha delegación empresarial galega no Marché du Film 2016

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), participará no mercado de cine Marché du Film de Cannes, que terá lugar entre os días 11 e 20 de maio de 2016.
 
A Agadic terá presenza no pavillón Cinema from Spain, promovido polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX), cun stand promocional e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios.
 
Así mesmo, promoverase a participación dunha representación de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e catro noites de aloxamento.

Máis información

Comparte