Aviso: Declarada de Interese Galego a Fundación Olga Gallego

Declarada de Interese Galego a Fundación Olga Gallego

O Diario Oficial de Galicia publiciou a Resolución do 30 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Olga Gallego.

A Fundación Olga Gallego ten por obxecto, segundo establece o artigo 6 dos estatutos; a protección, defensa e fomento dos arquivos e do patrimonio documental de Galicia e de interese para Galicia, e doutros territorios con vínculos culturais coa nosa comunidade como América e Portugal; o fomento e estudo da arquivística; e promover a formación dos profesionais dos arquivos. 

Comparte