Aviso: Foro Europeo da Cultura en Bruxelas - 19 e 20 de abril de 2016

Foro Europeo da Cultura en Bruxelas - 19 e 20 de abril de 2016

Aberto o rexistro de inscrición no Foro Europeo da Cultura que se vai celebrar en Bruxelas o 19 e 20 de abril de 2016.

O Foro Europeo da Cultura é un importante evento bienal organizado pola Comisión Europea, destinado a reunir aos actores do sector cultural europeo e debater sobre a Axenda Europea da Cultura, así como sobre as iniciativas da política cultural da UE.

Durante as dúas xornadas de traballo reflexionarase sobre a contribución da cultura ás prioridades da nova Comisión, como a innovación, o emprego e o crecemento; sobre o mercado único dixital; sobre a cohesión social e o diálogo intercultural; e sobre a posición de Europa na escena mundial.

Estado de trámite: En trámite

Ligazóns

Comparte