Aviso: Decreto que concede a Medalla de Ouro de Galicia 2014 ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois, aos veciños desta localidade e ao persoal dos servizos públicos que atenderon esta catástrofe

Decreto que concede a Medalla de Ouro de Galicia 2014 ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois, aos veciños desta localidade e ao persoal dos servizos públicos que atenderon esta catástrofe

O artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, establece as medallas que, anualmente se poderán outorgar nas súas distintas categorías. Tendo en conta este artigo, e  por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións  Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xullo de 2014, o Goberno galego ten a vontade de outorgarlle a súa máis alta distinción, a Medalla de Ouro de Galicia:
1. Ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois.
2. Aos veciños de Angrois.
3. Aos profesionais e voluntarios da saúde que se indican a seguir:
– Profesionais sanitarios da área sanitaria de Santiago de Compostela.
– Profesionais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061.
– Profesionais da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.
– Profesionais do Instituto de Medicina Legal de Galicia.
– Psicólogos do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do 
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
– Doadores de sangue de Galicia
4. Aos profesionais e voluntarios dos dispositivos de emerxencias e seguridade que se 
indican a seguir: 
– Bombeiros que participaron nas tarefas de rescate.
– Profesionais da Axencia Galega de Emerxencias e técnicos de emerxencias da 
Xunta de Galicia.
– Persoal da Policía Local de Santiago de Compostela.
– Persoal do Corpo Nacional de Policía en Galicia.
– Persoal da Garda Civil en Galicia.
– Persoal da Unidade de Policía Adscrita á Xunta de Galicia.
– Voluntarios de Protección Civil de Galicia.
– Cruz Vermella de Galicia

 

Comparte