Aviso: Apertura do prazo de recepción de propostas para o Galicia Escena PRO 2016

Apertura do prazo de recepción de propostas para o Galicia Escena PRO 2016

As compañías profesionais galegas teñen á súa disposición ata o 18 de abril os formularios para a inscrición en liña de espectáculos en formato completo, 'showcase' e 'pitching' do Galicia Escena PRO 2016.

Galicia Escena PRO (GEP) é o mercado galego das artes escénicas que cada ano organiza en Santiago de Compostela a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A través dunha escolma de espectáculos de recente produción e dun programa de actividades paralelas, esta iniciativa tómalle o pulso á actualidade do sector en Galicia. Ao tempo, bríndalles aos seus profesionais unha plataforma desde a que expoñer os seus novos traballos diante do público xeral e dos programadores e demais axentes culturais.

Xunto coa súa faceta de exhibición, Galicia Escena PRO articúlase como punto de encontro profesional que busca estimular a dinámica comercial do sector, así como a proxección social da creación escénica. Con estes mesmos obxectivos como meta, celebra a súa cuarta edición do 6 ao 9 de xuño de 2016.

Estado de trámite: En trámite

Comparte