Aviso: Actos conmemorativos dos 30 anos de adhesión á UE

Actos conmemorativos dos 30 anos de adhesión á UE

Organizados polas redes de información europea de Galicia e do norte de Portugal

Con motivo do 30 aniversario da adhesión de España e Portugal á Unión Europea, as redes oficiais de información comunitaria en Galicia e Norte de Portugal organizan o vindeiro 6 de maio en Valença do Minho unha acción conmemorativa conxunta: "UE: 30 anos xuntos".

Para iso, partindo desde a vertente española da antiga ponte internacional e tras un breve acto conmemorativo, os participantes chegarán á Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença do Minho onde se desenvolverán as demais actividades da Xornada (ver programa adxunto).

Estado de trámite: En trámite

Comparte