Aviso: Incoación do expediente de declaración de ben de interese cultural como monumento do Pazo de Quintáns ou Pazo do Casal (Noalla-Sanxenxo)

Incoación do expediente de declaración de ben de interese cultural como monumento do Pazo de Quintáns ou Pazo do Casal (Noalla-Sanxenxo)

Resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

O Pazo de Quintáns ou Pazo do Casal posúe valores culturais artísticos, históricos, arquitectónicos e etnográficos sobranceiros que aconsellan a súa declaración como ben de interese cultural. É un inmoble singular que exemplifica a relación dun edificio relevante co seu contorno. Preséntase no seu contexto como o lugar de referencia da antiga xurisdición da Lanzada, terra de vida e comercio desde o século VIII antes de Cristo, como evidencian as escavacións históricas e recentes do xacemento costeiro.

Comparte