Aviso: Oferta ás empresas editoras para que participen como entidades colaboradoras para dotar de novidades as bibliotecas municipais

Oferta ás empresas editoras para que participen como entidades colaboradoras para dotar de novidades as bibliotecas municipais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Resolución do 1 de marzo de 2016 (que pode consultarse no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160422/AnuncioG0164-110416-0003_gl.html ) para que as empresas editoras participen como entidades colaboradoras para dotar de novidades editoriais ás bibliotecas municipais.

A este respecto ponse en marcha un sistema de adquisición dos libros editados como novidades editoriais a través dunha plataforma dixital electrónica, que facilitará a imediatez da subministración do material bibliográfico ás entidades solicitantes.

Toas as entidades participantes deben ter a condición de editoras de libros e inscribirse na plataforma novidadeseditoriais.xunta.gal.

As novidades editoriais ofertadas deben cumprir cunha serie de requisitos como que sexan publicacións en lingua galega en formato impreso, que teñan unha primeira edición entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 1 de outubro de 2016, que non superen os 70 € (IVE incluído) de prezo de venda ao público, e que non sexan libros de texto.

A través da mencionada plataforma dixital tramitaranse os pedidos a cada unha das editoriais titulares de cada libro seleccionado polo concello respectivo, e serán as propias editoriais as que se encarguen do envío dos libros a cada solicitante, custos incluídos, nun prazo máximo de 15 días. Posteriormente, a Consellería -a través da Secretaría Xeral de Cultura- aboará ás editoriais os correspondentes pagos previa xustificación de gasto.

Comparte