Aviso: Redacción do proxecto básico e de execución e dirección da obra para a conservación e valorización do conxunto monumental do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, igrexa e espazos de uso público
Redacción do proxecto básico e de execución e dirección da obra para a conservación e valorización do conxunto monumental do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, igrexa e espazos de uso público
Contrato de servizo cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020
Contrato de servizos, non suxeito a regulación harmonizada para a redacción do proxecto básico e de execución (PBE) e dirección da obra (DO) para a conservación e posta en valor do conxunto monumental do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, igrexa e espazos de uso público, no concello de Sobrado (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1.
Prazo de execución: máximo de catro (4) meses.
CPV (referencia de nomenclatura): 71200000-0.
Tramitación ordinaria e procedemento: aberto.
Adxudicación baseada en pluralidade de criterios.
Orzamento base de licitación: Importe sen IVE: 63.255,74 € e IVE (21 %): 13.283,70 €.
Importe total: 76.539,44 €, IVE incluído.
Anualidades (IVE incluído):
- 2016: 49.889,44 €-redacción do PBE
- 2017: 26.650,00 €-dirección da obra.
Non se esixe garantía provisional
Garantía definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación do contrato, IVE excluído.
O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.
Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26322
Teléfono de información administrativa: 981 54 48 71 e técnica 981 54 65 91.
Requisitos específicos do contratista:
- Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.
- Solvencia técnica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.
- Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.
Data límite de presentación de ofertas: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
A documentación que se debe presentar está no prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Non se admien variantes
O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es
Os gastos do anuncio son por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do DOG por liña é de 10,82 €.