Aviso: Obras de valorización da Ponte Vella de Ourense

Obras de valorización da Ponte Vella de Ourense

Formalización do contrato de obras. Primeira fase

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23595

Publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 238, do 15 de decembro de 2015.

Contrato de obras non suxeito a regulación harmonizada

Obras da primeira fase de valorización da Ponte Vella de Ourense, traballos de conservación, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Tramitación ordinaria e procedemento: aberto.

Orzamento base de licitación: 181.283,67 €, IVE excluído.

Data da adxudicación: 20 de abril de 2016.

Data da formalización do contrato: 3 de maio de 2016.

Contratista: Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L.

Importe de adxudicación: 162.000,00 €, IVE excluído.

Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Comparte