Aviso: Licitación do contrato de obras de restauración da igrexa de Santa Baia de Palio, en Cercio (Lalín)
Licitación do contrato de obras de restauración da igrexa de Santa Baia de Palio, en Cercio (Lalín)
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a Resolución do 19 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de obras de restauración da igrexa de Santa Baia de Palio, Cercio, no concello de Lalín, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (contratación documentalmente simplificada).
Prazo de execución: máximo de catro (4) meses.
CPV (referencia de nomenclatura): 45261000-4, 45310000-3, 45420000-7.
Tramitación: ordinaria procedemento aberto.
Forma de adxudicación baseada en pluralidade de criterios.
Orzamento base de licitación: Importe sen IVE: 104.244,00 €.
IVE (21 %): 21.891,24 €.
Importe total: 126.135,24 €, IVE incluído.
Anualidades (IVE incluído):
2016: 126.135,24 €.
Non se esixe garantías povisional
Garantía definitiva: 5 % do orzamento de licitación do contrato, IVE excluído.
O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto técnico das obras poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.
Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27166
Información de índole administrativa 981 54 48 71.
Información de índole técnica 981 54 65 95.
Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia técnica ou profesional: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 11 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
Data límite de presentación de ofertas: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que teñen que presentar os licitadores: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 14.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Non se admiten variantes
O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es
Os gastos do anuncio van por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do DOG por liña é 10,82 €.