Aviso: Traballos de escavación, acondicionamento e consolidación arqueolóxica no castro de Viladonga, Castro de Rei (Lugo)

Traballos de escavación, acondicionamento e consolidación arqueolóxica no castro de Viladonga, Castro de Rei (Lugo)

Licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Resolución do 23 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizos de escavación, acondicionamento e consolidación arqueolóxica no castro de Viladonga, Castro de Rei (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1 (contratación documentalmente simplificada).

Contrato: servizos, non suxeito a regulación harmonizada para a escavación, acondicionamento e consolidación arqueolóxica no Castro de Viladonga, Castro de Rei (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1.

Prazo de execución: máximo de seis (6) meses e, por razóns técnicas, o prazo mínimo aceptable é de catro (4) meses.

CPV (referencia de nomenclatura): 71351914-3.

Tramitación ordinaria e procedemento aberto.

Adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 111.570,25 €.

IVE (21 %): 23.429,75 €.

Importe total: 135.000 €, IVE incluído.

Anualidades (IVE incluído):

2016: 108.000 €, IVE incluído.

2017: 27.000 €, IVE incluído.

Non se esixe garantía provisional. Garantía definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación do contrato, IVE excluído.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27244

Información de índole administrativa 981 54 48 71.

Información de índole técnica 981 54 65 92.

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que teñen que presentar os licitadores: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

Estado de trámite: En trámite

Comparte