Aviso: Aberta a convocatoria de artistas para participar no V Festival Barosa Líquida

Aberta a convocatoria de artistas para participar no V Festival Barosa Líquida

Barosa Líquida é un festival multidisciplinar para achegarse ás artes, a través dun espazo de encontro, intercambio e relación entre artistas, no que tamén hai actividades musicais, literarias e gastronómicas.

Esta quinta edición celebrarase do 1 ao 3 de xullo no parque natural Barosa, no concello de Barro (Pontevedra) e abre a convocatoria a todos aqueles artistas que queiran participar.

As modalidades de participación no apartado de artes plásticas este ano son dúas:
- Instalacións de Arte no espazo
- Quedada para debuxar e exposición con traballos resultantes durante o festival.

As propostas deben enviarse antes do 7 de xuño a este correo electrónico barosaliquida@gmail.com

Estado de trámite: En trámite

Comparte