Aviso: Licitación de obras de renovación da cuberta na igrexa de San Lourenzo de Vilatuxe, en Lalín
Licitación de obras de renovación da cuberta na igrexa de San Lourenzo de Vilatuxe, en Lalín
Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.
Tipo de contrato: obras, non suxeito a regulación harmonizada.
b) Descrición do obxecto: obras de renovación da cuberta da igrexa de San Lourenzo de Vilatuxe, concello de Lalín (Pontevedra).
c) Prazo de execución: máximo de dous (2) meses.
d) CPV (referencia de nomenclatura): 45111100-9, 45261000-4.
Tramitación ordinaria e procedemento: aberto. Adxudicación baseada en pluralidade de criterios.
Orzamento base de licitación: Importe sen IVE: 66.063,98 €. IVE (21 %): 13.873,44 €.
Importe total: 79.937,42 €, IVE incluído.
Anualidades (IVE incluído): 2016: 79.937,42 €. 5.
Garantías:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación do contrato, IVE excluído.
Obtención de documentación e información:
a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto técnico das obras poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.
b) Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27242. Información de índole administrativa: 981 54 48 71 e de índole técnica: 981 54 65 95.
Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia técnica ou profesional: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 11 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que teñen que presentar os licitadores: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 14.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
Apertura das ofertas: O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.
Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do DOG por liña é 10,82 €.