Aviso: Concesión das axudas á tradución 2015-2016 para 62 proxectos editoriais

Concesión das axudas á tradución 2015-2016 para 62 proxectos editoriais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a Resoluicón do 1 de xullo de 2016 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de febreiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 39, do 26 de febreiro), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Deste xeito, concédelles axudas a 19 editoriais para a tradución de máis de 60 títulos. Concretamente, a liña de subvencións da Secretaría Xeral de Cultura para 2015-2016, dotada con 200.000 euros, apoia a tradución ao galego de 39 obras publicadas noutros idiomas e de 23 obras da literatura galega que verán a luz en castelán, catalán, inglés, búlgaro e portugués.

Máis información

Comparte