Aviso: Un total de 149 concellos benefícianse das axudas para actualizar os fondos de 200 bibliotecas e axencias de lectura
Un total de 149 concellos benefícianse das axudas para actualizar os fondos de 200 bibliotecas e axencias de lectura
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contribúe coa renovación das coleccións da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia a través da concesión de 300.000 euros en axudas a concellos, destinadas á dotación de novidades editoriais en lingua galega.
Un total de 149 municipios das catro provincias galegas benefícianse destas axudas da Secretaría Xeral de Cultura, convocadas este ano por vez primeira a través dunha liña de subvencións, mediante as que se conceden cantidades que van desde os 667 ata os 4.740 euros, para actualizar os fondos das bibliotecas municipais con títulos recentes publicados en galego e mellorar os servizos que se lles ofrecen aos usuarios e usuarias.
Segundo a resolución publicada hoxe no ‘Diario Oficial de Galicia’, accesible enhttp://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160708/AnuncioG0164-290616-0003_gl.html, estas axudas repercutirán nun total de 200 bibliotecas e axencias de lectura da Rede de Bibliotecas de Galicia dos municipios de Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, A Baña, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerceda, Coirós, Corcubión, Culleredo, Dodro, Dumbría, Fene, Ferrol, Irixoa, Laxe, A Laracha, Melide, Mesía, Miño, Mugardos, Muros, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Paderne, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Valdoviño, Val do Dubra, Vedra, Vilasantar, Vimianzo, Zas, Cariño, Alfoz, Antas de Ulla, Bóveda, Cervo, Chantada, Foz, Xermade, Xove, Lourenzá, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Ourol, A Pobra de Brollón, Quiroga, Ribadeo, Sarria, O Saviñao, Sober, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Burela, Allariz, Avión, Bande, Barbadás, Celanova, Esgos, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, Leiro, Maceda, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Pobra de Trives, Ribadavia, A Rúa, San Cibrao das Viñas, Verín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Cañiza, Catoira, Covelo, Cuntis, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz-Balneario, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa.