Aviso: A Agadic apoia a produción de 16 novas películas galegas con preto de dous millóns de euros

A Agadic apoia a produción de 16 novas películas galegas con preto de dous millóns de euros

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no seu web a adxudicación de preto de dous millóns de euros en axudas a 15 empresas audiovisuais galegas para a produción de 16 novos traballos de cinema e de televisión.

En concreto, a través desta convocatoria dirixida especificamente a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, subvenciónanse seis longametraxes de ficción, cinco longametraxes documentais (dúas delas cinematográficas e tres televisivas), tres curtametraxes, unha miniserie de ficción para televisión e unha serie de animación infantil.

Comparte