Aviso: Procedemento de inclusión do Pazo de Raña (Sarria) no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia

Procedemento de inclusión do Pazo de Raña (Sarria) no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia

Incóase o procedemento de inclusión no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, na sección de bens inmobles e coa categoría de ben inventariado, do Pazo de Raña, no lugar da Rañoá da parroquia de Vilar, no termo municipal de Sarria (Lugo) e ordéase a anotación preventiva do ben no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

Ábrese un período de información pública durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que calquera persoa física ou xurídica poida achegar as alegacións e informacións que considere oportunas.

O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural (Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º andar, de Santiago de Compostela).

Acórdase a aplicación provisional, ata a resolución do procedemento, do réxime de protección que establece o artigo 54 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, para os bens inventariados, polo que calquera intervención que lle afecte, sobre os seus elementos constitutivos ou no ámbito do contorno definido nesta resolución, requirirá a autorización previa da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Estado de trámite: En trámite

Comparte