Aviso: Inscrición para o obradoiro de stop-motion na Biblioteca e Arquivo de Galicia

Inscrición para o obradoiro de stop-motion na Biblioteca e Arquivo de Galicia

Achegamente ao mundo do cinema dende o xogo e a lectura

A técnica do stop-motion volve á Biblioteca e Arquivo de Galicia, cun novo obradoiro no que rapaces de 12 a 16 anos serán creadores e actores.

Na primeira sesión farase unha aproximación á técnica stop motion mediante explicacións e exemplos visuais. A continuación leranse os textos cos que se traballa e tomaranse decisións sobre como realizar a a adaptación. Nas seguintes sesións realizarase todo o proceso de producción dunha animación: deseño e elaboración de personaxes, decorados ou fondos, story board, captura de fotografías, dobraxe...

20 prazas dispoñibles.

Estado de trámite: En trámite

Ligazóns

Comparte