Aviso: III Certame de Relato Curto da Biblioteca Pública de Pontevedra

III Certame de Relato Curto da Biblioteca Pública de Pontevedra

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o terceiro certame de relato curto, co obxectivo de fomentar a creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 16 anos.

Para mais información consultar as bases do certame.

O prazo de inscrición no certame vai dende o día 1 de setembro ata ao 8 de outubro de 2016. Fóra desas datas non se aceptará ningunha obra. 

Comparte