Aviso: Aberto o prazo de inscrición do obradoiro Textos e pretextos

Aberto o prazo de inscrición do obradoiro Textos e pretextos

Obradoiro na Cidade da Cultura de Galicia

As nosas condutas fronte as pequenas cousas da vida diaria falan de nos, nos definen. A través da lectura dun libro específico no fomento de valores e o traballo en grupo, detectaremos aquelas condutas, comportamentos e actitudes que non son correctas, creando un debate no que expoñer as nosas ideas e sentimentos ao respecto e a forma de cambiar as actitudes negativas por positivas.

Formaranse dous grupos cos participantes. Ambos grupos lerán o mesmo libro e farán unha análise do lido, das mensaxes que se perfilan nel, se analizan os valores transmitidos e as condutas inxustas, propoñendo os participantes cales deberían ser as correctas. Cada grupo fará unha batería de preguntas que deberán responder os do outro grupo. O moderador pode intervir con preguntas propias a cada un dos equipos: o ‘porqué’ de algunhas preguntas, conclusións ás que chegaron, pareceres, alternativas…

Participantes de 8 a 12 anos

Día: 28 de setembro de 2016

Horario: 17,00h

Duración: 2 h

Lugar: Aulas de la Biblioteca de Galicia

Nº de prazas: 25

Estado de trámite: En trámite

Comparte