Aviso: Inclusión do Pazo da Raña (Sarria) no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia
Inclusión do Pazo da Raña (Sarria) no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia
O Pazo da Raña responde á tipoloxía dunha casa grande dunha rica rexión agrícola, coas invariantes típicas da arquitectura pacega. O conxunto desenvólvese segundo o modelo tradicional para a explotación e control do territorio, illado nunha grande extensión de parcelas agrícolas mais preto do núcleo da Rañoá, no que tamén se conservan boas mostras da arquitectura rural tradicional.