Aviso: Ábrese o prazo de inscrición para o espectáculo de máxia Chrystyan Magic Na senda da serpe alada

Ábrese o prazo de inscrición para o espectáculo de máxia Chrystyan Magic Na senda da serpe alada

Para celebrar o Día da Biblioteca (24 de outubro) Espectáculo de animación á lectura a través da maxia

Chrystyan Magic descubriralle a todas as nenas e nenos a ilusión, a fantasía que se enconde en todos os libros e na lectura só con deixar voar a imaxinación e poñer en práctica a súa creatividade. Cando a imaxinación camiña sobre as palabras, infinitas posibilidades se abren ante nós.

Un libro é máxico. Lévate a lugares afastados e faite vivir magníficas aventuras con novos amigos a través das súas palabras… ¡Sen moverte do sitio! Pero sabes que hai moitas maneiras de descubrir esas historias?… E pensaches algunha vez que a maxia podería ser aínda máis máxica se do sombreiro dun mago saíse un libro?

Na senda da serpe alada é un espectáculo de animación á lectura baseado no conto do mesmo nome. Da súa cistera volverán sair ducias de xogos de ilusionismo que revivirán as aventuras do seu protagonista.

Estado de trámite: Resolto

Ligazóns

Comparte