Aviso: Resoltas as axudas a concellos para equipamento e mellora das súas instalacións e locais
Resoltas as axudas a concellos para equipamento e mellora das súas instalacións e locais
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia este ano un total de 91 proxectos municipais destinados a mellorar locais e instalacións de toda Galicia nos que se vén desenvolvendo unha programación cultural estable. Así se desprende da resolución da convocatoria de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), e que se pode consultar no enlace.
As axudas –promovidas pola Secretaría Xeral de Cultura e dotadas nesta convocatoria con 500.000 euros– destínanse á realización de investimentos de equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, xeral de sala, sistemas de prevención e seguridade e novas tecnoloxías, así como a accións encamiñadas á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
Os beneficiados desta liña de subvencións no 2016 son 89 concellos e 2 entidades, en concreto A Rúa, Arbo, Sober, A Lama, Carballeda de Avia, Riotorto, Ramirás, Ourol, Vilanova de Arousa, Cerdedo, Manzaneda, O Porriño, Bergondo, Dodro, Mazaricos, Vedra, Porto do Son, Vila de Cruces, O Grove, Bande, Silleda, Castro Caldelas, Cotobade, Vilariño de Conso, Pontecesures, As Neves, Boimorto, Marín, Mondoñedo, Viana do Bolo, Santiso, Rodeiro, Covelo, Tordoia, San Xoán de Río, Ames, Fornelos de Montes, Vilar de barrio, Muros, Cervo, Irixoa, Ribas de Sil, Guntín, A Veiga, Cedeira, Negreira, O Vicedo, Mañón, Muras, A Cañiza, Soutomaior, Portomarín, O Valadouro, Paderne, San Sadurniño, O Carballiño, A Peroxa, Trabada, Sandiás, Cerceda, Mos, Ribeira, Mondariz, Touro, Pol, Rairiz de Veiga, O Saviñao, Antas de Ulla, Monterroso, Rábade, Verín, Cabanas, Coirós, A Pobra do Caramiñal, Vilalba, Boqueixón, Celanova, Campo Lameiro, Boborás, Oza-Cesuras, Bóveda, Cospeito, A Merca, Malpica de Bergantiños, Castrelo de Miño, Cuntis, Portas, a Mancomunidade Terra de Celanova e o Padroado da Cultura do Concello de Narón.